OURENSEBLOG. Para mellorar o presente. Na escola da vida non hai vacacións (Jorge Amado)

May 1, 2006

A muller do alcalde

A voda               

Na miña vida acordei a mina nai falar outra cousa que non fora galego. Naceu na aldea e veuse de moza para Ourense a servir nunha casa, desas dos señoritos ata que casou e dedicouse a seguir traballando como unha leoa para sacar adiante a seus fillos. Eu aínda a acordo traballando 17 e 18 horas o día: póla mañá ía coa tina chea de roupa a lavala a Burga, despois viña e atendía a todos os fillos, seguía a traballar na tienducha que tiñamos, facía a compra na praza, atendía a comida, cosía, calcetaba, fregaba …. facíao todo e traballa arreo todos os días. Nunca a acordo ter un día de descanso ata que xa xubilada e os fillos traballando, comezou a disfrutar un pouco da vida. Sempre en galego, porque non sabía outra cousa; aprendera a ler e a escribir con vinte anos, indo a clases pola noite coas monxas as que dicía estar sempre agradecida polo favor que lle fixeran.

Cando quería referirse a alguén que presumía moito e ía vestido de forma rechamante, aínda que con pouca elegancia, dicía que era un “estafermo”. Hoxe acordeime desta palabra e funa buscar no diccionario de Cumio por ver si existía e claro que existe, defínea como “Persoa que está parada e como aparvada”. Creo que é a mellor definición que lle cadra a muller  do Conde de Zamo­ra y Riofrío, o alcalde de Ourense, Sr Cabezas, a ínclita Ada Arroyo Huerte de Cabezas.

Pasen e vexan señores a foto (publicada no diario local La Región) da voda gay do concelleiro do PP, Sr. Araujo, e observen a elegancia, beleza e saber estar da muller do alcalde, nun día de eses de sol ao que estamos acostumados en Ourense. Non esquezan a análise do sombreiro (a xente de "clase" chámalle pamela, coma en Etton cando van ás carreiras de cabalos), da tela por riba da saia, e sobre todo ese cilindro de peles que leva, que supoño eu, ignorante de min, será para quentar as mans.

Alguén pode dicirme se a palabra e correcta ou hai outra mellor?

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://ourenseblog.blogsome.com/2006/05/01/a-muller-do-alcalde-2/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>